Conecta todos os teus bancos nun único lugar

Poderás controlar a información de todas as túas contas, tarxetas e produtos financeiros dunha soa ollada, sen teres que saltar de app en app.

E, por suposto, ti decidirás en todo momento que bancos e produtos queres engadir ou quitar.

Opera coas túas contas agregadas

Poderás facer consultas de saldo e últimos movementos e realizar transferencias coas túas contas agregadas.

Coma se estiveses no teu propio banco, sen saíres da app do BBVA.

E todo coa garantía de seguridade do BBVA

Os teus datos estarán sempre protexidos e unicamente accederás a eles utilizando as túas propias claves baixo un contorno seguro.

Axiña tamén poderás…

  • Gardar as túas casas favoritas

    Para consultar o seu prezo sempre que queiras e axudarte a decidir se che convén máis alugar ou comprar.
  • BBVA Bconomy

    Axudarate a controlares os gastos, creares o teu colchón financeiro ou marcares unha meta de aforro.

Faite usuario e accede á app BBVA aínda que non sexas cliente

Necesitas máis información?